viernes, 12 de noviembre de 2021

Trompos e Peonzas

Ola, despois de pasar o San Martiño, aquí vos deixo algunhas fotos dos máis pequenos do cole practicando coas peonzas e os trompos. Inda temos moito, moito que practicar, pero vai saindo...






















Para a semana, seguimos coas prácticas dos trompos e publicarei fotos dos cursos dos máis maiores.

Seguro que moitos de vos, nais-pais-avós-avoas-tíos/as-primos/as..., sabedes lanzar o trompo e podedes xogar cos cativos que seguro lle fai moitísima ilusión e así a parte de xogar con eles/as, recordades como se xogaba.
Espero que me mandedes fotos ou vídeos coas vosas practicas de lanzamento de trompos.

jueves, 11 de noviembre de 2021

Fotos do Croos

Ola, ola! Despois da recopilación de fotos, aquí vos deixo as fotos dos cursos de 4º e 5º de educación primaria que fixemos o cross escolar do XOGADE.

Todos e todas fixemos unha boa cross, algúns nos custou máis e a outros un pouquiño menos, pero todos/as rematamos e pasámolo moi ben.

















domingo, 7 de noviembre de 2021

Campo a través

Ola, este martes, 09-11-21, comezamos as actividades propostas pola Consellería de Deportes da Xunta de Galicia dentro do Programa XOGADE co Campo a través ou Cross Escolar.

Iremos coas clases de 4º e 5º de educación primaria, onde terán que facer correndo, camiñando ou como mellor lles pareza, os 900 metros en que consiste a proba. Será na zona deportiva da Xunqueira, o lado da Illa das Esculturas dende primeira hora da mañá.

Para evitar problemas coa pandemia, dende o propio servicio de deportes, en colaboración cos propios mestres/as de educación física dos diferentes centros anotados; cada clase fará o seu recorrido como grupo burbulla, para non entrar en contacto con outros rapaces e rapazas do resto de colexios, desta forma, cada clase fará a actividade a horarios diferentes, tendo 15 minutos para facer a proba.

Seguro que o pasamos fenomenal, a parte de facer un pouquiño de deporte extra. Subirei algunha foto posteriormente.

Normativa e circuito

Primeiras actividades...

Ola, ola! Como ides?

Eiquí vos deixo as primeiras fotos e vídeos que me chegaron das vosas actividades deportivas feitas fóra do cole. Espero que agora que comezástedes, sigades enviando máis e así poder publicalas no blogue. Animádevos!!!














Podedes enviarmas o seguinte correo: educacionfisica@cprsanjose.es

viernes, 22 de octubre de 2021

Fotos ou vídeos vosos

Ola, que tal?

Quería recordarvos que unha vez comezado o curso e que xa levamos uns días de curso; que podedes enviarme as vosas fotos ou vídeos que queirades facendo cualquier actividade deportiva fóra do colexio.

Xa sei que uns practicades deportes a nivel federados pero podedes enviarme as vosas fotos facendo calqueira actividade deportiva vos sos ou en compañía de irmáns, familiares, amigos, mascotas ou o que queirades. Me sorprendedes?

Espero que me mandedes moitas cousas e así, facer entre todos/as este blogue e que vos sintades os verdadeiros protagonistas del.

Ánimo e desexo que pronto teñamos as primeiras imaxes.

Debedes mandarmas o seguinte correo: educacionfisica@cprsanjose.es


jueves, 21 de octubre de 2021

Nova oferta actividade

Ola, cómo imos?

Chegoume outra proposta de actividade deportiva para que podades apuntarvos. 

Donde: Club Militar de Campolongo.
Que días: jueves ( 16:30 a 17:30 ) y viernes ( 16:00 a 17:00 ).
A quien va dirigido: niños y niñas entre 5 y 12 años
Precio: usuarios 20€ y no usuarios 25€
Promoción: descuento de 5€ por el segundo hermano anotado.

Toda la información escaneando el código QR.

Con la inscripción se le da a cada niño una camiseta y un bidón personalizado.