Ola, ola, como imos?
Xa estamos chegando o final destas dúas semanas de xogar coas buxainas e peonzas. Aquí vos deixo as derradeiras fotos coas clases que faltaban.
Agora, podedes continuar xogando vos na casa e seguir practicando...
Ola, ola, como imos?
Xa estamos chegando o final destas dúas semanas de xogar coas buxainas e peonzas. Aquí vos deixo as derradeiras fotos coas clases que faltaban.
Agora, podedes continuar xogando vos na casa e seguir practicando...
Ola, ola, como imos?
Aquí vos deixo as últimas fotos e vídeos que me chegaron de compañeiros e compañeiras vosas realizando actividades deportivas fóra do horario escolar.
Como podedes ver, temos de todo un pouco.
A nímovos a que enviedes máis fotos e vídeos vosas practicando deporte, espérovos!!
Devedes enviarmos a educacionfisica@cprsanjose.es
Ola, que tal?
Como xa sabedes, levamos dende o luns pasado (07-11-22) coas semanas da froita que se levarán a cabo ata o día 18-11-22, venres.
Están sendo todo un éxito e a rapazada está a comer moita froita do cal nos alegramos. Cada día teñen unha froita diferente, puidendo repetir se sobrou froita do día anterior.
Xa vos contarían os rapaces e rapazas pero déixovos unhas fotos coa froita que tivemos ata o de agora:
En próximas datas, será o tempo do leite, financiado dentro do mesmo programa.
Esperamos e desexamos que a resposta do alumnado sexa igual que ata o de agora.
Seguiremos en contacto...
Por San Martiño...trompos o camiño!!! e neso estamos dende o venres pasado. Coma sempre, algúns parece que non o levan facendo dende primeiro de primaria e outros/as, parecen profesionais.
Déixovos unha mostra a continuación:
Dentro do programa XOGADE no que estamos integrados como centro educativo, comezamos a semana pasada coas xornadas de Xogabalonmán coa clase de 4º de educación primaria. Esta actividade, engloba 4 sesións a realizar no centro por parte de técnicos da Federación Galega de Balonmán (das que polo de agora levamos realizadas dúas), e finalizar nunha sesión conxunta con varios centros de Pontevedra adscritos o devandito programa.
Polo de agora, a rapazada está responde moi pero que moi ben, seguindo as indicacións dos técnicos da Federación e de seguro que estaremos "preparados" para esta xornada conxunta cos demáis centros escolares.
Déixovos unhas fotos co que levamos feito ata o de agora: