Ola, qué tal?
Quería informarvos dunha actividade que tendes gratuita este venres, 23 de decembro para o alumnado das clases de 3º e 4º de educación primaria de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Multiusos da Xunqueira. Esta foi a nota que me pasaron:
Ola, qué tal?
Quería informarvos dunha actividade que tendes gratuita este venres, 23 de decembro para o alumnado das clases de 3º e 4º de educación primaria de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Multiusos da Xunqueira. Esta foi a nota que me pasaron:
Ola, como imos?
Aquí vos deixo as fotos ou vídeos que me mandastes esta semana. Como podedes comprobar, seguimos tendo un pouco de todo!!!
Por favor, animádesvos a enviar as vosas fotos ou vídeos coas vosas activiades deportivas feitas fóra do cole. Enviarmas a educacionfisica@cprsanjose.es
Ola, ola, que tal?
O martes pasado, 13-12-22, saímos nunha nota de prensa no Diario de Pontevedra destacando as actividades deportivas que fixemos dende que comezamos o curso.
Por si algún/ha non o viu, déixovos a noticia aquí.
Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de compañeiros e compañeiras practicando actividades deportivas fóra do horario escolar. Están xenial e agradezo moito que mas enviedes porque neste blogue, vos sodes os e as protagonistas!!!
Espero que sigades mandando máis e máis fotos ou pequenos vídeos vosos facendo deporte fóra do cole. Tedes que enviarmos o correo educacionfisica@cprsanjose.es
Este mércores, o noso alumnado de 5º e 6º de educación primaria, tiveron a charla "Deporte e Escola" impartida polos integrantes do Clube Cisne balonmán dentro do programa do fomento do deporte que leva a cabo o Servicio de Educación do Concello de Pontevedra.
Teño que agradecer o Cisne, o súa boa labor para co noso alumnado, destacando a importancia de estudiar o mesmo tempo que se practica deporte, onde a boa planificación do tempo é fundamental para acadar os obxectivos nas dúas disciplinas (estudos e deporte).
Por parte do Cisne, viñeron desde o presidente Santiago Picallo (exalumno do Colexio San José), os adestradores Miguel Monteagudo e Sergio, ata os xogadores Álex Chan (internacional pola selección de USA que xogará próximamente o Mundial de Balonmán a celebrar en Polonia e Suecia do 11 o 29 de xaneiro do 2023) e Mateo Arias (internacional da selección española junior). Todo un luxo do que puidemos disfrutar na charla onde destacaron os valores do deporte e aplicalos ao día a día e aos estudos.
Dende o clube, indícaronnos que o 85% da súa plantilla teñen ou están cursando estudos universitarios e a importancia de conciliar vida laboral e estudos universitarios co deporte de élite, xa que o Cisne está xogando na Liga ASOBAL, a 1º división da considerada mellor liga do mundo de balonmán.
O noso alumnado, fixo algunhas preguntas moi interesantes aos nosos invitados que resolveron da mellor maneira posible.
Ola, ola, que tal?
O pasado venres, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, tiveron a sorte de contar coa presencia de voluntariado da Asociación Amizade (Asociación de persoas con discapacidade) de Pontevedra para sensibilizalos e conmemorar o Día Internacional das persoas con discapacidade.
Cada un dos voluntarios contou a súa experiencia da súa discapacidade no seu día a día e a súa relación co deporte, onde puideron comprobar as súas dificultades para enfrontarse a pequenos obstáculos como uns peldaños ou escaleiras. César, un dos voluntarios, contounos que fai a actividade deportiva de vela, onde nun barco de vela lixeira, lévao sen problema e é unha das actividades que máis lle satisfacen.
A experiencia foi altamente satisfactoria, e a rapazada puido experimentar de forma directa esta sensibilización.
Teño que agradecer de forma persoal aos 3 voluntarios porque fixeron unhas explicacións impresionantes e contaron de forma moi cercana e directa as súas experiencias respostando ao noso alumnado todas e cada unha das dúbidas que lle surxiron.
Ola, que tal?
Esta semana mandáchedes moitas fotos de vos facendo actividades deportivas fóra do cole. É xenial que o fagades e que mas enviedes para entre todos e todas facer este blogue un mouco máis visual para vos.
Espero que con este fin de semana tan longo e aparentemente con boas condicións climatolóxicas, podades facer moito exercicio y sacar fotos ou pequenos vídeos e logo mos enviades ao correo educacionfisica@cprsanjose.es
Descansade y a pola recta final deste trimestre...