miércoles, 7 de junio de 2023

Andaina con 5º de ed. primaria

Hoxe, a clase de 5º de ed. primaria tivo a tradicional Andaina por Pontevedra contando coa inestimable colaboración do servicio de turismo do Concello de Pontevedra.

A rapazada puido disfrutar dun paseo pola cidade, visitando sitios tan coñecidos por elxs como as Prazas do Teucro, Ferrería, da Estrela, da Verdura, de Méndez Núñez... e aprender cousas que sí que non sabían como son a súa importancia na cidade, o por que dos seus nomes, e a súa historia.

Foi todo un pracer facer esta Andaina e teño que darlle as gracias a Raquel, encargada da visita pola súa paciencia e saber adaptarse as características dos rapacxs.

Deixo aquí unha mostra do que fixemos durante a hora de ed. física:

















Iniciación Tenis de Mesa

Onte, o alumnado de 4º de ed. primaria, tiveron a sorte de contar coa presencia de xogadorxs e adestradorxs do Clube de Tenis de Mesa Monteporreiro.

Durante a sesión, practicaron a habilidade coa pala e fixeron diferentes exercicios para coordinar os seus golpeos de pala e pelota.

Coma sempre, se algún de vos quere probar co clube, so ten que decirmo e pásovos o seu contacto.














lunes, 5 de junio de 2023

Xornada Intercentros 5º ed. primaria

Hoxe, o alumnado de 5º de ed. primaria tivo a sesión intercentros co resto de rapaces e rapazas de 5º do resto de coles que conformamos a Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT).

Practicamos os deportes que fixeramos anteriormente nas clases de ed. física nos centros, que foron: VOLEI, BÁDMINTON, XADREZ, BAILE DEPORTIVO e CICLISMO.

A xornada foi todo un éxito e todo o alumnado disfrutou moito, moito desta sesión de convivencia con rapacxs doutros coles practicando estas cinco modalidades deportivas.

Teño que agradecer o Servicio de Deportes da Xunta por poder integrar estas actividades no XOGADE, o Servicio de Deportes do Concello por cedernos as instalacións do pavillón multiusos, o mestre e alumnado do TSEAS pola súa inestimable axuda e os equipos colaboradores (Club Voleibol Pontevedra - VOLEI, Club Bádminton Rabachol - BÁDMINTON, Escola Xadrez Pontevedra - XADREZ, PonteBaile - BAILE DEPORTIVO e Policía Local de Pontevedra - CICLISMO), polo seu bo facer e o trato cos rapacxs. 

Tamén teño que felicitar o alumnado que portouse moi ben e fixo que foxe unha xornada moi satisfactoria para todxs. O derradeiro agradecimento, é para os mestres dos coles que pasaron con nós esta xornada e en especial, para os mestres de ed. física destes 5 coles que formamos ADESPONT polo seu grandísimo traballo que sin él, non sería posible.

De seguro que repetimos para o próximo curso!!!

































sábado, 3 de junio de 2023

Actividade moi chula para ver

Ola, ola, como ides?

Aquí vos deixo unha actividade que me chegou que pode resultar do voso interese para que poidades ver e asistir. Como vedes dura toda a fin de semana e vai dun deporte que estivemos traballando no cole fai ven pouco.

Espero que asistades e que vexades o gran traballo que teñen que facer para facer esta modalidade deportiva.