martes, 11 de junio de 2024

Xornada de Convivencia e Xogos Tradicionais

Como vos comentara nunha cita anterior, o luns 10 de xuño, o noso alumnado das clases de 5º e 6º de ed. primaria tiveron unha xornada de Xogos Tradicionais nos campos de Petanca que temos entre os dous edificios da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

Foi unha xornada onde contamos coa colaboración da Asociación/Federación de Petanca, onde a parte de aprender e practicar sobre este deporte/xogo, relacionámonos con persoas maiores practicantes desta modalidade deportiva e ao xuntarnos con rapazada doutro colexio, fomentamos a colaboración e convivencia entre iguais.
















 

lunes, 10 de junio de 2024

Campionato de España de Baloncesto Feminino Sub12

Durante toda a semana pasada, disputouse no Pavillón Municipal e no Pavillón Multiusos partidos correspondentes ao Campionato de España Feminino Sub 12.

Foi todo un luxo poder asistir co noso alumnado ata alí para ver parte dalgún dos partidos xogados e animaron con moitísimas gañas para mostra...














De aquí sairán as estrelas do futuro...

Federación Española de Baloncesto

viernes, 7 de junio de 2024

Socorrismo é Coñecemento

O mércores pasado fixemos a última sesión de Salvamento e Socorrismo impartida polo Clube SAPO de Pontevedra en colaboración con ADESPONT dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Foi un luxo poder compartir toda a mañá con 260 rapaces e rapazas de 8 colexios de Pontevedra e a súa contorna de 6º de ed. primaria facendo esta sesión de salvamento e tivemos a sorte de contar coa axuda de Federación Galega de Balonmán que nos puxo un campo de balonmán praia con que a parte puidemos facer balonmán e os mestres de ed. física dos colexios inplicados, fixemos outras tres rotacións onde practicamos distintas actividades deportivas que serviran de quecemento para introducirse no auga.

O día non acompañou moito pero puidemos facer todas e cada unha das actividades plantexadas inicialmente sen problema.

Teño que agradecer ao Servicio de Deportes do Concello polas facilidades mostradas para facer esta sesión na praia fluvial como ao Servicio de Bombeiros de Pontevedra por acompañarnos toda a mañá velando pola nosa seguridade.

Foi un éxito e teño que agradecer a todos e cada un dos rapaces e rapazas asistentes coma ao porfesorado de todos os centros pola súa implicación e querer que saia o mellor posible estas actividades.


























Asociación Galega de Petanqueiros

Este próximo luns, 10 de xuño o noso alumnado de 5º y 6º de ed. primaria terá a súa última sesión coa Asociación Galega de Petanca, cos cales temos unha colaboración e a parte de practicar xogos e deportes tradicionais, falan e se relacionan con xente de maior idade, polo que conseguimos unha interrelación total entre ámbolos dous grupos de idades.

Déixovos o enlace que saiu na prensa:

Asociación Petanqueiros


Noticia Diario de Pontevedra

Aquí vos deixo a última noticia na que saímos os alumnxs do Colexio. Foi unha xornada estupenda e quedaron con gañas de máis...

Diario de Pontevedra

Concurso "Mascota" e Cuestionario

Ola, aquí vos deixo os debuxos resultantes da votación por orden do gañador/a ata os cinco primeiros clasificados. Foi todo un éxito de participación.

Tamén tedes o cuestionario que fixeron os alumnxs do "Proxecto Competencial" de 3º de ed. primaria e que foron facendo a alumnos e alumnas do resto das clases de ed primaria do colexio. Foron periodistas por uns momentos e a experiencia foi moi satisfactoria para eles.

Para o próximo curso...moito máis!!!

                                       

                                               

                                       



     

                                                        

                                                                                           

                                                      

Grabación Cuestionario