jueves, 30 de abril de 2020

E máis actividades deportivas

Ola, que tal?

Aquí vos van máis tarefas deportivas feitas polos vosos compañeiros. Están xenial e son fabulosas. As sesións que vos mandei esta semana, xa deron os seus primeiros froitos, e temos a algúns bailaríns que o fan estupendamente, non credes? 
Espero que sigades mandando os vosos traballos e así compartilos con todos neste blogue.

O próximo luns, vos propondrei outro circuito que espero que vos guste, para seguir mellorando e practicando as cualidades físicas básicas. Sei que algún de vos, no circuito anterior o chegar o terceiro exercicio pediades papas, tan mal vos sentou este periodo "parados"? Ánimo para o seguinte circuito e xa me diredes como vos custou. 
Tamén animo as profes e o profe, a que tamén o fagan; despois que nos manden os seus vídeos e comparamos.

A QUE ESPERADES?










miércoles, 29 de abril de 2020

Máis rutinas...

Ola, como ides? Seguro que moi ben. Ánimo que xa queda menos.

Que tal pola rúa cando saídes? Levades bicis, monopatíns, triciclos, pelotas... Podedes mandar fotos ou vídeos coas vosas actividades deportivas. Recordade envialas a colexiosanjose@hotmail.com

GRACIAS

Aquí vos deixo máis traballos dos vosos compañeiros e compañeiras. Vos animades os demáis???







Outro vídeo, Premer aquí

lunes, 27 de abril de 2020

Día da Educación Física

Co motivo da celebración do Día da Educación Física de mañá, 28-04-20, e xa que non podemos celebralo no colexio, como vimos facendo os últimos anos; intentaremos implicar o alumnado e as súas familias para que incrementemos a visibilidade da Educación Física facendo algunha sesión dende a casa ou practicando algún deporte nesa hora que saímos á rúa invadindo as redes sociais con imaxes e vídeos curtos baixo o hashtag # DEFC2020 (Día da Educación na Casa) e #DEFR2020 (Día da Educación Física na Rúa).

Por se algún está interesado, pode visionarse unha sesión especial de educación física para cada etapa (Primaria, Secundaria e Bacharelato), conducidas por docentes que farán un percorrido a través de varios contidos curriculares, de forma lúdica e dinámica ás que se poden unir toda a familia. Serán a través do canle de Youtube no seguinte horario: Primaria ás 10:00 horas, Secundaria ás 11:00, e Bacharelato ás 12:00.

Déixovos aquí uns enlaces que poden resultar de interese:


domingo, 26 de abril de 2020

Traballo duro do fin de semana

Ola, que tal? Cómo foi este día? Fostes dar un paseiño pola rúa? Espero que estedes moi ben e que nos vexamos dentro de pouco.

Aquí vos van rutinas dos vosos compañeiros e compañeiras durante o fin de semana. Traballaron moito, non vos parece?

Seguide mandando os vosos exercicios diarios de educación física o seguinte e-mail: colexiosanjose@hotmail.com. Agora, co tema de poder sair da casa, seravos máis doado, no?






Proposta Ed. Física para esta semana

Ola a tod@s! Como o levades?

Imaxino que moi ben despois de poder sair á rúa no día de hoxe, ainda que sexa por pouco tempo, pero algo e algo. Pensade, que a partires de agora, poderemos sair todos os días unha hora cada día!!! despois de todas estas xornadas pasadas confinados na casa... penso que podemos estar máis que encantados, non credes?

Probastes a facer o circuito que vos propuxen o luns pasado? Como vos foi? convencíchedes os vosos pais/nais para que vos acompañaran? Espero que me mandedes os vosos vídeos e fotos facéndoo; recordade mandalos o e-mail colexiosanjose@hotmail.com. Gracias.

Este circuito, o podedes facer as veces que queirades, xa sabemos que canto máis practiquemos, mellor sairá. ÁNIMO!!!

Para esta semana, vos propoño uns bailes ou coreografías adaptadas para cada unha das vosas idades. Podedes ver todos os enlaces e facer os que queirades, eu so vos digo os que considero mellor adaptados para as vosas idades. Vós, decidides!

Para o alumnado de Ed. Infantil:
Baile I
Baile II
Baile III

Para o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria:
Baile I
Baile II
Baile III

Para o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria:
Baile I
Baile II
Baile III

Para o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria:
Baile/coreografía I
Baile/coreografía II
Baile/coreografía III

viernes, 24 de abril de 2020

Rutinas dos compañeiros/as

Ola, como o levades? Desexo que moi ben e vos animo a que sigades traballando como o estades a facer, é estupendo que enviedes fotos e vídeos das cousas que facedes, está xenial.

Moitas gracias a os que mandades os vosos exercicios, e animo a os que non mandaron nada todavía que o fagan porque está moi ben ver que seguides activos e con moitas gañas de facer cousas.

Que vos pareceu o circuito? Duro, din algúns, je, je. Xa veredes que despois de facelo varias veces, cambia o conto e o faredes sen problema ningún.

Vos mando vídeos dos vosos compañeiros.








miércoles, 22 de abril de 2020

Rutinas

Ola, que tal?

Aquí vos van máis traballos deportivos dos vosos compañeiros e compañeiras. Que fantástico, estou encantado! Algúns seguen mandando como practican cos xogos tradicionais, que chulada; e outros...mandades "fútbol adaptado a un piso", novo deporte olímpico para os Xogos de Tokio 2021. Pero tamén, temos exercicios do circuito proposto.






Que vos parece o circuito que vos mandei o luns? Espero que o fagades e o pasedes moi ben xogando con él. Eeeeeeeh, conseguíchedes que o fixeran os vosos pais, nais, avós, avoas e irmáns maiores e pequenos??? Espero que me mandedes os vosos vídeos e fotos.

ANIMÁDEVOS!!!