martes, 8 de junio de 2021

Andainas

Ola, ola! Xa estou aquí outra vez subindo as fotos que me foron chegando das andainas que comezamos o luns desta semana.

Como vedes, primeiro fomos cos nenos e nenas da clase de 5º de educación infantil ata a alameda, onde a parte de camiñar, vimos os diferentes tipos de árbores que temos e vimos a organización da mesma.

A continuación, fomos coa clase de 3º de educación primaria pola senda do río dos Gafos, onde falamos dos diferentes árbores, animais e construccións que nos atopamos polo camiño.

Logo, fomos co alumnado de 6º de educación primaria pola avenida de Montero Ríos, facendo especial mención as construccións que vemos polo camiño, falamos da alameda e logo fixemos parte da ruta que fixeramos cos de 3º pero como somos un pouco maiores, chegamos ata Campolongo seguindo a senda do río para voltar polas palmeiras de regreso o colexio.

O obxectivo primordial é que camiñemos, pero tamén que coñezan partes do centro da cidade que moitos ainda non coñecían. Por outra banda, se podemos aprender vexetación e fauna da zona e aprender un pouco de historia da cidade, mellor que mellor.

A experiencia foi altamente positiva e satisfactoria e de seguro que repetiremos en anos sucesivos.

Aquí vos deixo unhas fotos que o certifican:














                                        








                                       


                                          

                                                                                                 

                                        


                                                  


viernes, 4 de junio de 2021

Rodas...

Ola, como imos?

Vos propoño que para estes días mandedes fotos ou vídeos con calqueira dos "vehículos" que teñades na casa que teñan rodas.

Xa sabedes, que tedes que enviar os vosos traballos o seguinte correo: educacionfisica@cprsanjose.es

Espero que mandedes moitas cousas. Moito ánimo e ata pronto...

Bicicleta 4º primaria

Ola, como imos?

Onte tocoulles o curso de 4º de educación primaria coas bicicletas. Foi unha sesión moi chula e resultou altamente satisfactoria, ao igual que a xornada anterior cos de 5º e 6º de primaria.

Houbo rapaces e rapazas que non sabían andar en bicicleta e outros que sí, e fixemos o duatlón (voltas en bicicleta e logo voltas correndo) e outros/as, só correron.

A mostra, aquí a deixo:














jueves, 3 de junio de 2021

Bicicletas

Ola, ola, que tal?

Onte fixemos a xornada de bicicletas co alumnado de 5º e 6º de primaria. Os primeiros tiveron sorte, porque puideron facer toda a sesión sen ningún problema, que os do segundo grupo si tiveron, comezou a chover o pouco de empezar e tivemos que suspender a xornada (espero que podamos facela o vindeiro mércores 09-06-21).

Para comezar, vin o control que tiñan os rapaces e rapazas sobre o vehículo a duas rodas, onde algúns, xa de antemán, dixeran que non sabían andar, polo que cando quixeron, tiveron a oportunidade de probar e incluso algúns deles, conseguiron pedalear sen problema e fixeron a actividade coma os demáis. Todo un logro por elas, pola súa constancia e querer aprender.

Unha vez feita a parte inicial da sesión, comezamos cos diferentes xiros a dereita e esquerda, en zig zag facendo voltas na praza do Teucro e facendo X arredor dos árbores. Para finalizar, fixemos carreiras de Duatlón (tres voltas en bicicleta e a continuación, dúas voltas correndo) que foi o que verdaderamente lles gustou.

Para os rapaces e rapazas que non sabían ou non quiseron facer o da bici, fixeron a proba correndo dúas voltas a praza.

Estou moi contento pola participación da rapazada e polo que me dixeron, gustoulle moito, querendo incluso repetir a xornada.

Para mostra, aquí tendes o reportaxe fotográfico:




















Visita Outeiro das Mouras

Este martes, 01-06-21, a noso alumnado de 4º curso de educación primaria, acompañados por dous mestres e o divulgador Valentín García, acercouse ao Outerio das Mouras en Salcedo, para facer unha andaina pola zona o mesmo tempo que aprendían como viviron os nosos antepasados no lugar e a súa contorna.

A información proporcionada por Valentín, foi atendida gustosamente polo noso alumnado, estando pendentes en todo momento, das aportacións que lles ía dando.

É un lugar que vos invito a que visitedes, é moi interesante, é gratuíto e está moi preto da nosa cidade.

Déixovos unhas fotos:

                                          














Todo isto o facemos dentro da importancia que dende o colexio lle damos as actividades no exterior, onde os nosos rapaces e rapazas disfrutan do aire libre, caminan, fomentando as actividades deportivas fóra dos espacios habituais ó mesmo tempo que aprenden e vivencian o ensinado na clase.

Este ano, resulta moi complicado facer actividades complementarias coa pandemia que temos enriba, pero dende o colexio, intentamos fomentar estas xornadas de convivencia que creemos tan importantes para o desenrolo da nosa cativada.