martes, 1 de febrero de 2022

"Atletismo en pista"

Hoxe, o alumnado de 5º de educación primaria, participou na xornada de "Atletismo en pista" organizada polo Servicio de Deportes da Xunta de Galicia dentro do seu programa XOGADE en colaboración coa SD Gimnástica.

É moi satisfactorio que a Xunta volva organizar este tipo de xornadas porque son moi gratificantes para o noso alumnado.

Durante a xornada, participamos en diferentes modalidades de atletismo (60 metros lisos, salto de lonxitude, lanzamento de peso, 500 metros lisos, lanzamento de vórtex e por último, relevos 4 x 60 metros lisos).

Tivemos un día espléndido para realizar as probas, fixemos deporte, compartimos xornada con rapaces e rapazas da súa mesma idade doutros colexios e disfrutamos moito, moito (ainda que algun/ha, quedou realmente esgotado/a o remate da proba).

Temos moitas gañas de que a Xunta, volva organizar outra destas xornadas deportivas.

Déixovos aquí a mostra visual:

                                        

                                                                            
































                                         






domingo, 16 de enero de 2022

Xornada de Hábitos de vida Saudables

O pasado martes, o alumnado de 3º e 4º de educación primaria, puideron asistir a unha charla sobre "Hábitos de vida Saudables" impartida polo clube de balonmán SD TEUCRO (Inés - nutricionista, Vinicius - xogador e Laura - coordinadora da base e entrenadora) en colaboración co Concello de Pontevedra.

Nesta charla, lles falaron de como debería ser unha dieta máis ou menos saudable para o seu desenrolo individual, da importancia de facer deporte e o fundamental que é, compaxinar o deporte cos estudios.

Como exemplo, cada rapaz/a, levouse para casa unha merenda saudable, composta por mazá, iogur e auga.

Estoilles moi agradecidos os/as relatores/as polo seu saber, a súa dedicación e polo seu estar, respostando a tódalas dúbidas do noso alumnado.

                                        











 

miércoles, 12 de enero de 2022

Recomendacións da OMS

Ola, que tal? Como foron esas vacacións de Nadal?

Seguro que moi ben, ou eso espero.

Xa comezamos o segundo trimestre e para empezar, quero indicarvos que dende mediados do mes de decembro, lles propusen ó alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria que tiveran o reloxo que conta os pasos, que anotaran os pasos que fan cada xornada e despois, que indicaran o que fixeron o longo dun deses días, e aquí van as conclusións das dúas rapazas que o fixeron:

Miércoles, 22-12 ------ 5.429 pasos.

Jueves, 23-12 ------ 10-124 pasos.

Viernes, 24-12 ------ 9.818 pasos.

Sábado, 25-12 ------ 8.451 pasos.

Domingo, 26-12 ------ 7.583 pasos.

Lunes, 27-12 ------ 5.276 pasos.

Martes, 28-12 ------ 10.952 pasos.

Miércoles, 29-12 ------ 9.718 pasos.

Jueves, 30-12 ------ 9.527 pasos.

Viernes, 31-12 ------ 17.892 pasos.

Sábado, 1-1 ------ 8.953 pasos.

Domingo, 2-1 ------- 9.407 pasos.

Lunes, 3-1 ------ Descanso.

Martes, 4-1 ------- 9.121 pasos.

Miércoles, 5-1 ------ 6.892 pasos.

Jueves, 6-1 ------ 9.892 pasos.

Viernes, 7-1 ------ 10.129 pasos.

Sábado, 8-1 ------ 7.235 pasos.

Domingo, 9-1 ------ 6.523 pasos.

Yo el martes fui caminando al colegio.Allí, estuve corriendo durante el recreo.Después, volví a mi casa a pie.Por la tarde fui y regresé de pintura andando.

CARLOTA GONZÁLEZ MARTÍN. 6º de Ed. Primaria.

Mi rutina diariaMe levanto a las 7:50, desayuno, me lavo los dientes y me visto, dependiendo del día, me pongo el chándal o el uniforme del colegio. Me arreglo y salgo de casa a las 8:25 con mi madre y mi hermano, vamos andando al colegio, entro a las 8:50 y salgo a las 14:05, vuelvo a casa andando otra vez ( si llueve voy en coche). A las 14:30 llegó a mi casa, como, descanso un poco y hago los deberes. A veces salgo a hacer recados con mis padres. Ceno a las 9:30 y a las 10:30 voy a dormir. Este es mi día a día

GADEA SIEIRO PÉREZ. 5º de Ed. Primaria

Estoulle moi agradecido a elas pola súa implicación e espero que nos próximos días, vaian chegando máis achegas do resto do alumando. 

Déixovos aquí as últimas recomendacións da OMS (Organización Mundial da Saúde), sobre a actividade física recomendada para cada idade por si lle queredes botar unha ollada.

DIRECTRICES da OMS

martes, 21 de diciembre de 2021

FELICES FESTAS

Xa chegaron, xa están aquí as vacacións de Nadal!!!

Xa tiñamos gañas todos/as de que chegaran. Agora a recargar forzas para retomar as clases en xaneiro con moitas gañas.

Dende a asignatura de Educación Física, quérovos desexar unhas moi boas festas e que disfrutedes un montón das vosas familias e amigos nestes días de descanso.

FELICES FESTAS e PRÓSPERO ANO NOVO!!!

lunes, 20 de diciembre de 2021

San Silvestre'21

Ola, ola! Que tal?

Chegoume esta comunicación por parte da Sociedad Gimnástica de Pontevedra para invitarvos a participar na San Silvestre deste ano. Volta a ser presencial cunha serie de novidades como que as saídas se farán en grupos de 150 persoas cada 20 minutos en tandadas pola mañá e pola tarde.

As inscripcións podedes facelas en: https://www.sgpontevedra.com/sansilvestre/

Espero vervos na proba e despedir o ano facendo moito deporte.

Saúdos, Gonzalo.

viernes, 17 de diciembre de 2021

Actividades vosas

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as actividades que me enviastes últimamente. Gustaríame que me mandásedes máis rapaces e rapazas as actividades deportivas que facedes fóra do cole, pero se non mas enviades eu non podo subilas o blogue deportivo do centro. Unha pena.

Espero que agora que chegan as vacacións de nadal, e de seguro que facedes moito deporte, que me enviedes fotos ou vídeos de vos facendo deporte e así poder entre todos/as facer este blogue.

Gracias.

Recórdovos que podedes enviarme os vosos traballos a educacionfisica@cprsanjose.es











Tamén vos deixo o gran traballo que fixeron toda a rapazada da clase de 5º de educación primaria dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva do centro, polo que lle agradezo un montón a todos/as eles/as este traballo así como tamén a súa mestra Pati. Veremos con que nos sorprenden a próxima vez...

Espero e desexo que o poñades en practica e se queredes, me enviades a mostra gráfica. Gracias.


Por outra banda, o noso alumando de 2º de educación primaria, tamén nos quixeron felicitar a navidade con este outro vídeo, o mesmo tempo que fan actividade deportiva dentro da aula. Moitas gracias os protagonistas coma a súa mestra Eli.

viernes, 10 de diciembre de 2021

DAFIS

Ola, como ides?

Esta información é para as nais e pais, como aclaración por si algun/ha, ten dúbidas con respecto as probas que realizamos o comezo do curso referente ó DAFIS co alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Nesta páxina, podedes ver cada unha das probas realizadas e como as fixemos (unha vez dentro, tedes a man dereita unha nota que pon: Probas/Test. Alí vos aparecen 3 despregables. O que tendes que abrir é IDADE (6-18), que é o que corresponde as idades dos vosos cativos/as, e xa vedes proba por proba cada unha delas:

Probas DAFIS

Por outra banda, as titoras de cada un destes cursos, vos enviaron os resultados obtidos polos vosos fillos e fillas, para que lle botedes unha ollada. É información para vos, para que saibades os resultados, non é nada definitorio. Estes resultados son unha "mediana" en comparación co resto de rapaces e rapazas da súa mesma idade de Galicia, Provincia, Concello e Centro.

Na primeira páxina, aparecen os resultados do alumno/a en todas as probas, e abaixo, vos aparece a explicación destes resultados/colores.

Nas catro páxinas seguintes, aparece proba por proba dúas columnas, a que vos tedes que fixar é na columna da dereita, onde vos indica cun asterisco no apartado "Centro" onde está o voso fillo/a.

Se tedes cualquier dúbida, podedes enviarma a seguinte dirección de correo e contestareivos o antes posible: educacionfisica@cprsanjose.es

Como vos informamos o comezo do curso, no papel que firmastes para que o voso fillo/a fixera estas probas, estos resultados poden velos os pediatras, por si queredes consultarlle algo.

Como resumo, istos resultados son simplemente "medianas" con respecto a outros rapaces e rapazas do súa mesma idade, nada máis; e son datos a nivel informativo para vos.

Nada máis, saúdos e boa fin de semana.