lunes, 17 de octubre de 2022

Campo a Través

Ola, que tal?

No día de mañá, martes 18 de octubre, temos a xornada de campo a través do programa XOGADE da Xunta de Galicia

Iremos as clase de 6º, 5º, 4º, 3º e 2º de educación primaria, por ese orde.

Déxovos aquí máis información o respecto:

Art. 1.- Data e lugar. Esta competición levarase a cabo o 18 de outubro de 2022 na Illa das Esculturas (Pontevedra) 

Art. 2.- Categorías. A proba está destinada ás seguintes categorías: de 2º e 3º de E.P. (benxamíns 2015 -2014) 4º e 5º de E.P.(alevíns 2013-2012) 6º de E.P. e 1º de ESO (infantís 2011-2010) 2º e 3º de ESO (cadetes 2009-2008) nenos e nenas. As carreiras organizáranse por cursos académicos e por sexo.

Art. 5.- Horario e distancias aproximadas. 

Hora            Categoría           Distancia           Percorrido 

10:15    Cadete Fem 2º-3ºESO    1800 m.           2 V. Grandes 

10:30    Cadete Mas 2º-3ºESO    1800 m.           2 V. Grandes 

10:45     Infantil Fem 1º ESO    1350 m.  1 V. Pequena + 1 V. Grande 

11:00     Infantil Mas. 1º ESO   1350 m.   1 V. Pequena + 1 V. Grande 

11:15     Infantil Fem 6º EP      1350 m.   1 V. Pequena + 1 V. Grande 

11:30     Infantil Mas. 6ºEP      1350 m.   1 V. Pequena + 1 V. Grande 

11:45      Alevín Fem. 5ºEP         900 m.              1 V. Grande 

11:55      Alevín Mas. 5ºEP         900 m.              1 V. Grande 

12:05     Alevín Fem. 4ºEP          900 m.              1 V. Grande 

12:15     Alevín Mas. 4ºEP          900 m.              1 V. Grande 

12:25   Benxamín Fem. 3º EP     450 m.              1 V. Pequena 

12:30   Benxamín Mas. 3º EP     450 m.               1 V. Pequena 

12:35   Benxamín Fem. 2º EP     450 m.              1 V. Pequena 

12:40   Benxamín Mas. 2º EP     450 m.               1 V. Pequena

Volta Pequena:


Volta grande:


Iremos saindo do colexio por categorías en horarios diferentes. Máis ou menos, estaremos na Illa das Esculturas media hora antes da carreira e media hora despóis da carreira según a categoría e curso correspondiente; respectando sempre o horario de transporte designado polo Servicio de Deportes.

Vos recordo a todas e todos, que mañá, tedes que vir co chándal e camiseta do colexio e recomendo que traiades unha botella de auga.

Os pais, nais, familiares dos participantes, estades invitados a asistir e animar a todos e cada un dos atletas. Así que, ANIMÁDESVOS A VIR!!!

Primeiras actividades deportivas vosas

Aquí vos deixo as primeiras actividades deportivas que fixeron algúns compañeiros vosos.

Xa sabedes, que podédesmas mandar a educacionfisica@cprsanjose.es

Espérovos...









domingo, 16 de octubre de 2022

Xornada Convivencia XOGALOITA

O venres pasado, tivemos a xornada de convivencia e práctica do XOGALOITA pertencente o programa XOGADE da Xunta de Galicia coa clase de 4º de educación primaria. Esta fantástica sesión foi impartida por Marcos Miragaya, selecionador nacional e Lydia Pérez, campiona de España.

Foi todo un éxito e a parte de ver a compañeiros e compañeiras doutros coles, practicamos os diferentes xogos relacionados co deporte da "Loita" que fixemos e requetefixemos nas sesións de educación física anteriores.

Para mostra, aquí vos deixo estas fotos:











Tivemos a sorte de coindicir coa selección dos EEUU que estaban rematando o seu adestramento e moi gustosos, sacaron estas fotos con nós.






Para rematar a xornada, fomos ata o pabillón municipal e puidemos disfrutar do campionato do mundo de Grappling e Loita Sub-23 o cal estará aberto ao público e gratuito ata o día 23 deste mes.



Estas foron as fotos que sairon hoxe na prensa da cidade:

viernes, 14 de octubre de 2022

Vídeo Gómez Noya

Ola, aquí vos deixo a vídeo oficial da actividade da Fundación que patrocina a Javier Gómez Noya Phon3nix kids. 

Espero que vos guste e recordar esa importante xornada.

Pho3nix kids


domingo, 9 de octubre de 2022

Actividades Deportivas Vosas

Ola, bo día! Como imos?

Escribo aquí estas liñas, para recordarvos que podedes enviarme calqueira foto ou vídeo (a poder ser coa menor capacidade posible, para poder subilas sin problema) de vos facendo deporte fóra do horario lectivo, é dicir, polas tardes ou nos fins de semana.

Poden ser de vos practicando o deporte co voso equipo ou disciplina que practiquedes, pode ser dando un paseo coas vosas familias, xogando nun parque, indo en bicicleta, patíns ou calqueira outro medio de transporte rodante; todo o que queirades de vos facendo deporte.

Unha vez me cheguen, publicarei esas fotos ou vídeos neste blogue, para que tanto vos mesmos/as coma os vosos compañeiros/as vexades a vosa actividade deportiva.

Tedes que enviarmas o correo educacionfisica@cprsanjose.es

Por outro lado, indicarvos que nos chegou outra proposta deportiva por si algún/ha está interesado. O Club Estudiantes de baloncesto, vos invita a formar parte do seu equipo tendo como opcións entrenar os luns e mércores de 16:30 a 17:30 horas nas súas instalacións.

Os interesados/as, tedes que chamar ó 606 865 925 - Rosa.

sábado, 8 de octubre de 2022

DAFIS

Ola, como ides?

Esta información é para as nais e pais, como aclaración por si algun/ha, ten dúbidas con respecto as probas que realizamos o comezo do curso referente ó DAFIS co alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria. O final do curso, volveremos a facelas e as titoras, vos enviarán o informe individualizado do neno/a, onde veredes os resultados obtidos polos vosos fillos e fillas, para que lle botedes unha ollada. É información para vos, para que saibades os resultados, non é nada definitorio. Estes resultados son unha "mediana" en comparación co resto de rapaces e rapazas da súa mesma idade do propio Colexio, Concello, Provincia e Galicia.

Nesta páxina (Probas DAFIS), podedes ver cada unha das probas realizadas e como as fixemos (unha vez dentro, tedes a man dereita unha nota que pon: Probas/Test. Alí vos aparecen 3 despregables. O que tendes que abrir é IDADE (6-18), que é o que corresponde as idades dos vosos cativos/as, e xa vedes proba por proba cada unha delas).

Se tedes cualquier dúbida, podedes enviarma a seguinte dirección de correo e contestareivos o antes posible:    educacionfisica@cprsanjose.es

Como vos informamos o comezo do curso no papel que firmastes para que o voso fillo/a fixera estas probas, estos resultados poden velos os pediatras, por si queredes consultarlle algo.

Nada máis, saúdos e boa fin de semana.

XOGALOITA

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria, puideron disfrutar dunha sesión de loita olímpica impartida pola campiona nacional Nerea Pampín e polo integrante da selección galega Saúl Bello onde puideron practicar as diferentes técnicas deste fantástico deporte.

Estas sesións veñen a conta do acordo que temos dende o colexio coa Federación Galega/Española deste deporte e enmarcada na formación e fomento do Campionato do Mundo Sub-23 que se vai levar a cabo no pavillón municipal de Pontevedra dende o 12 ó 23 de octubre; para o cal estades invitados (cada rapaz/a, levou para casa unha invitación para poder asistir toda a familia).

As sesións foron estupendas, e teño que resaltar o gran comportamento do noso alumnado así como tamén agradecerlle a Nerea e a Saúl o seu bo facer coa rapazada, impartindo de forma maxistral cada unha destas dúas sesións.

Dendo o Clube Loita Pontevedra, convídanvos a probar algunha sesión deste deporte nas súas instalacións, polo que os que esteades interesados, preguntádeme a min no colexio ou escribídeme o correo educacionfisica@cprsanjose.es

Nada máis, deixovos unhas fotos e vídeos para que comprovedes o ben co pasamos.