domingo, 12 de mayo de 2024

Xornada Multideportiva Deportes Adaptados organizada pola Asociación AMIZADE

Este venres, 10 de maio, o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria do centro, asistiron a Xornada Multideportiva de Deportes Adaptados organizada pola Asociación Amizade onde o noso alumando puido probar en primeira persoa, os diferentes deportes que practican as persoas que teñen algunha discapacidade.

Practicamos baloncesto en silla de rodas, goalball, boccia, lanzamentos a unha diana, tiro con arco, diferentes handbikes, bolos e floorbal adaptado.

Foi todo un luxo e un pracer formar parte desta interesantísima xornada e doulles as gracias a Paulo, director de Amizade, a Marta e César, integrantes da propia asociación ao mesmo tempo que a Fundación TAMBIÉN, suministradora dos materiais e monitorado que empregamos.

Con nós, estiveron tamén, outros integrantes de AMIZADE e usuarios do centro de Día de Pontevedra, que compartiron con nós esta fantástica sesión, cada un, dando o mellor de sí mesmo.

Preguntádelle aos voso fillos que lles pareceu, porque todos sairon cun gran sorriso.
































Esperamos concienciar máis ao noso alumnado e a sociedade en xeral para conseguir o ideal, a INTEGRACIÓN e DESENROLO INTEGRAL de TODXS!!!

Saimos na prensa:

Pontevedraviva

Faro de Vigo

sábado, 11 de mayo de 2024

2ª Sesión de Salvamento e Socorrismo

O mércores pasado, 8 de maio, o noso alumnado de 6º de Ed. Primaria realizou a súa segunda sesión do deporte de Salvamento e Socorrismo levado a cabo por David, alma máter e adestrador do Club Salvamento Acuático Pontevedra (SAPO). A parte, compartimos actividade co alumnado de 6º de Ed. Primaria do Ceip Froebel nas instalacións da piscina municipal de Campolongo.

Foi unha sesión espectacular, onde a parte de traballar o indicado na anterior sesión realizada no pavillón municipal, conseguimos a convivencia con rapaces e rapazas doutro centro escolar, e practicamos o interesantísimo deporte de Salvamento e Socorrismo.

Teño que darlle as gracias a David, pola súa gran implicación para con nós, facendo unha sesión maxistral para que alcanzásemos todos os obxectivos por min plantexados.

Tamén teño que darlle as gracias a Gerardo, Director Técnico da piscina e representante da empresa BeOne, concesionaria da instalación, polas facilidades mostradas para que puidésemos facer esta sesión.

Podedes comprobar:











                               

                                                                           

Agora quédanos a 3ª e última sesión que realizaremos na praia fluvial de Pontevedra o mércores, 5 de xuño. Xornada de convivencia final onde xuntaremos a todo o alumnado de 6º de Ed. Primaria de todos os centros escolares que estivemos facendo esta formación ao longo do curso. Será unha xornada...ESPECTACULAR!!!

Colaboracións

Como xa vos teño comentado, o noso centro escolar está colaborando con diferentes clubes da cidade para que os vosos fillxs e o noso alumnado poida practicar diferentes deportes, e un destos que vos indico, incluso é GRATIS.

Anímovos a asistir e poder iniciarse nun deporte novo...






E aquí vos deixo unha actividade por si queredes acercarvos e vivenciar en primeria persoa unha concentración de RUGBY!!! organizado polo Pontevedra Rugby Club

                                                 

2ª Sesión Tenis de Mesa

O luns pasado, 6 de maio, nas instalacións do pavillón Principe Felipe, o alumnado de 4º de ed. primaria, tivo a súa segunda sesión de Tenis de Mesa levada polo Club de Tenis de Mesa Monteporreiro e contando coa presencia do alumnado de 4º de ed. primaria do Ceip Amor Ruibal de Barro.

Foi unha xornada de convivencia fantástica ao mesmo tempo que practicamos o interesantísimo deporte do Tenis de Mesa.

Teño que darlles as gracias ao propio clube de Monteporreiro polo bo saber facer, a súa implicación e as súas gañas de que probásemos este deporte. Tamén lle teño que agradecer a todo o alumnado porque se portaron fenomenal e puidemos acadar todos e cada un dos obxectivos que eu como mestre, planteseime a hora de programar esta actividade.

Déixovos a mostra:












viernes, 3 de mayo de 2024

18ª Fotos e Vídeos Vosos

Ola, aquí vos deixo as últimas fotos e vídeos que me chegaron de vos facendo actividades deportivas fóra do centro escolar. Moitas gracias aos que mas enviáchedes e animo aos demáis a que o sigan facendo para entre todxs, ir construindo este blogue deportivo.

Sabedes que tedes que envialas a educacionfisica@cprsanjose.es













jueves, 2 de mayo de 2024

Actividades Deportivas mes de Maio

Ola, que tal?

Aquí vos deixo o calendario das actividades deportivas que imos facer no presente mes de maio, comezamos:

03-05-24 --- O alumnado de 2º de Ed. Primaria fará a súa primeira xornada intercentros dentro do Programa XOGADE, coa actividade MULTIXOGO 6-8 onde invitaremos ao noso pavillón municipal ao alumnado de 2º de ed. primaria do CEIP Isidora Riestra e do CEIP Cabanas.

06-05-24 --- O alumnado de 4º de Ed. Primaria fará a súa segunda sesión do deporte do Tenis de Mesa en colaboración co Clube Tenis de Mesa Monteporreiro.

07-05-24 --- O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria irá mariscar a Lourido/Campelo xunto coas mariscadoras desa Cofradía, onde a parte de coñecer o arte de mariscar e todo o que conleva, farán exercicio camiñando pola area e rastrexando cos anciños e buscando ameixas ou croques coas aixadas.

08-05-24 --- O alumnado de 6º de Ed. Primaria fará a súa segunda sesión do deporte de Salvamento e Socorrismo. Esta vez, iremos a piscina de Campolongo, e contando coa colaboración do Clube de Salvamento SAPO, faremos o noso "bautismo" no deporte.

10-05-24 --- O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria fará unha xornada de deportes adaptados en colaboración coa Asociación AMIZADE para continuar coa "nosa" concienciación das persoas con discapacidade.

14-05-24 --- O alumnado de 4º de Ed. Primaria fará a súa salida ao EcoParque Multiaventura de Marín onde fará a súa iniciación aos Circuítos Arbóreos.

22-05-24 --- O alumnado de 5º de Ed. Primaria fará a súa saída a praia fluvial de Pontevedra a facer a última xornada de convivencia co resto de alumnxs de 5º de Ed. Primaria dos colexios integrantes en ADESPONT, onde poremos en práctica todo o aprendido sobre o deporte de DRAGÓNS.

27-05-24 --- O alumnado de 5º de Ed. Primaria fará unha sesión de "Baile Deportivo" cos coñecidísimos Adrián Esperón e Noemí Abal, almas máters de Pontebaile onde practicaremos os bailes que nos propoñan a parte de facer expresión corporal.

29-05-24 --- O alumnado de 6º de Ed. Primaria fará a práctica de "Ed. Vial" polas rúas da cidade acompañados pola Policía Local. Para ese día cada rapaz/a ten que traer a súa bicicleta e o seu casco para poder realizalo.

30-05-24 --- Todo o alumnado de Ed. Primaria fará a súa Excursión de Fin de Curso que este ano iremos a zona de Salvaterra.

Como vedes, temos outro mes cargadiño de actividades deportivas...

miércoles, 1 de mayo de 2024

1ª Sesión de Tenis de Mesa

O martes pasado, contando coa colaboración do Clube de Tenis de Mesa Monteporreiro, cos seus adestradores e xogadores Crístofer e Judit a cabeza, o alumnado de 4º de ed. primaria puido preparar a súa participación na Gran Xornada de Tenis de Mesa que imos levar a cabo o próximo luns, no pavillón do Príncipe Felipe. Xornada organizada dende ADESPONT e na que imos participar 10 colexios de Pontevedra e a súa contorna.

Nesta toma de contacto, viuse a rapazada que xa colleran algunha pala na súa vida e os que esta era a súa primeira vez; pero para todxs foi altamente satisfactorio quedando con gañas de seguir practicando.