viernes, 16 de mayo de 2025

Sesión PENTATLÓN MODERNO

Onte, o noso alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, puideron probar o PENTATLÓN MODERNO da man do adestrador do clube da cidade, Ricardo.

Foi todo un acerto practicalo posto que a rapazada quedou encantada, e iso que só foi unha primeira toma de contacto e puidemos realizar carreira e o disparo.

Preguntádelle a os protagonistas e xa veredes o que vos dicen...

A miña idea é que o próximo curso, poidamos ter este deporte como actividade extraescolar. Veremos...























miércoles, 14 de mayo de 2025

Sesión de GOLF no campo de Golf

Hoxe, o noso alumnado da clase de 5º de Ed. Primaria, visitou as instalacións do Campo de Golf de Rois onde puido poñer en práctica o aprendido nas sesións previas de Ed. Física, traballadas no pavillón.

É unha actividade que está dentro do Programa Xogade pertencente ao Servicio de Deportes da Xunta de Galicia.

Foi un verdadeiro placer poder disfrutala posto que a grandísima maioría dos nosos alumnxs, nunca estivera nunhas instalacións como un campo de golf. Puidemos ver os diferentes tipos de "Hoyos" aos que os xogadores se teñen que enfrontar, máis longos e máis curtos, con bunkers de area ou lagos; e logo, no campo de prácticas, golpeamos tantas bolas como quixeron; cos palos 7 e 8; intentando meter a bola dentro dunha portería, chegar a tocar unha bandeira ou chegar o máis lonxe posible empregando estes dous palos

O noso "adestrador" ADRIÁN, ten un mérito increíble posto que resolveu airadamente todas e cada unha das preguntas ou cuestións que o noso alumnado lle plantexou. Parabéns!!!


















martes, 13 de mayo de 2025

Sesión Tenis de Mesa

Hoxe, o alumnado de 3º de Ed. primaria, tivo a súa 2ª sesión de Tenis de Mesa, levada a cabo no pavillón do Príncipe Felipe en colaboración co Clube de Tenis de Mesa Monteporreiro.

Puxeron en práctica todo o aprendido na 1ª sesión levada a cabo a anterior semana nunha clase de EF.

A sesión consistiu en facer partidillos ao mellor de 7 puntos, pasando a xogar todos contra todos a modo de liguiña.

É un luxo poder contar coa colaboración do clube de Tenis de Mesa Monteporreiro, implicándose en todo o organizada na xornada. Nós, coincidimos co alumnado do CEP Marcos da Portela e foi unha sesión de convivencia espectacular, a parte de practicalo deporte correspondiente. 

Esta actividade está incluida dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Como xa vos indiquei por ABALAR, o Clube de Tenis de Mesa Monteporreiro, convida ao alumnado de 3º de ed. primaria, a asistir a un adestramento do clube completamente GRATUITA o vindeiro martes 20 de maio as 19:00 horas no pavillón do Príncipe Felipe. 













viernes, 9 de mayo de 2025

Actividades Deportivas Vosas 19

Ola, aquí vos deixo as últimas fotos vosas que me chegaron.

Xa sabedes que podedes enviarmas ao correo educacionfisica@cprsanjose.es








jueves, 8 de mayo de 2025

ECOPARQUE ATALAIA

O martes, 6 de maio, o noso alumnado da clase de 1º de Ed. Primaria tivo a súa visita ao Ecoparque Atalaia, saída que fan todos os anos esta clase neste mes.

Foi unha experiencia chulísima onde os nosos cativos probaron a facer unha Gymkhana de pistas e o seu bautismo Hípico. Foi unha gozada velos participar e relacionarse cos animais.

Seguiremos así e ata o curso que ben...








miércoles, 7 de mayo de 2025

2ª Sesión de Salvamento

Ola, ola, que tal?

Como vos comentara, hoxe, o noso alumnado da clase de 6º de Ed. Primaria, tivo a súa 2ª sesión de SALVAMENTO a cargo do adestrador do SAPO, David e contando coa inestimable colaboración do alumnado e profesorado do ciclo do TSEAS que tanto colaboran con nós nestas actividades deportivas grupais.

Teño que darlles as gracias a todos eles, posto que foi unha experiencia brutal para a nosa rapazada e serviulles de preparación para a derradeira xornada de SALVAMENTO que levaremos a cabo o 28 de maio na praia fluvial de Pontevedra.

Esta actividade está englobada dentro do programa XOGADE pertencente ao Servicio de Deportes da Xunta de Galicia.

Traballamos cos monecos, cos Floppys e cos Nippers. Toda unha experiencia fenómena.

Como mostra...











lunes, 5 de mayo de 2025

Actividades Deportivas mes de Maio

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as actividades deportivas que teremos o longo deste mes de maio. Vedes que seguimos tendo unha variedade importante de actividades!!!

6 de maio: O alumnado de 1º de Ed. Primaria fará unha visita ao ECOPARQUE ATALAIA a facer un Bautismo Hípico e unha Gymkhana de Xogos.

6 de maio: O alumnado de 4º de Ed. Primaria fará unha andaina ata o Museo Provincial para facer a súa tradicional visita do Museo.

6 de maio: O alumnado de 3º de Ed. Primaria fará a súa primeira sesión de TENIS de MESA a cargo de Tenis de Mesa Monteporreiro, como preparación para a sesión final do 13 de maio.

7 de maio: O alumnado de 6º de Ed. Primaria fará a sesión preparatoria da actividade de SALVAMENTO na pisicina de Campolongo que serviranos de preparación para a xornada final do 28 de maio.

13 de maioO alumnado de 4º de Ed. Primaria fará a visita ao ECOPARQUE de MARÍN para facer a actividade de CIRCUITOS ARBÓREOS.

13 de maioO alumnado de 3º de Ed. Primaria fará a súa sesión final de Tenis de Mesa no Pavillón do Príncipe Felipe.

14 de maioO alumnado de 5º de Ed. Primaria fará o seu "bautismo" do deporte do GOLF no campo de Rois.

15 de maio: O alumnado de 4º de Ed. Primaria fará o seu bautismo no deporte do PENTATLÓN MODERNO.

19 de maio: O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria fará o seu bautismo no deporte do PENTATLÓN MODERNO.

20 de maio: O alumnado de 6º de Ed. Infantil terá a súa visita ao Parque de Bombeiros do Concello onde a parte de aprender a súa importantísima labor, "nadaremos" coa espuma.

20 de maio: O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria visitarán o ISSGA e o MUSEO MEIRANDE facendo a andaina correspondente.

O 21, 22, 26 e 27 de maio: O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria farán as probas do DAFIS.

28 de maio: O alumnado de 6º de Ed. Primaria fará a sesión final de SALVAMENTO na praia fluvial de Pontevedra onde porán a proba todo o aprendido nas sesións anteriores.