lunes, 17 de abril de 2023

Nova Xornada Intercentros

Este próximo xoves, 20 de abril o noso alumnado de 3º de educación primaria visitará o colexio de Santo André de Xeve onde compartiremos unha xornada deportiva na cal faremos diferentes probas de Atletismo, Pelota Canadiense, Kickball e Floorball; a parte de pasar unhas horas de convivencia entre ámbalas dúas clases.

Esta xornada vai dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Para ese día, os rapaces e rapazas terán que vir co chándal do colexio, cunha mochila pequena coa súa merenda (ainda que alí terán froita e auga para repoñer forzas) e unha cantimplora ou botelliña de auga para poder refrescarse.

O máis importante de todo e pasalo ben e pasar unha xornada de convivencia con rapaces e rapazas da nosa mesma idade doutro colexio. Unha vez conseguido esto obxectivo principal, temos tamén a intención de facer todos os deportes indicados anteriormente, fomentando a importancia de facer actividades físicas.

Mostrareivos as fotos co que realicemos.


















Teño que darlle as gracias tanto aos rapaces e rapazas como o mestre Carlos do CEIP Santo André de Xeve pola súa amabilidade e acollemento tan bo para con nós.

1ª Sesión Iniciación Salvamento Acuático

Hoxe temos a primeira sesión de iniciación o deporte de Salvamento Acuático e Socorrismo contando coa colaboración do Clube SAPO e específicamente na persoa de David, o seu director deportivo.

É un luxo contar coa súa presencia e de seguro que o aproveitamos moito, moito.

Esta toma de contacto servirá para que o alumnado coñeza de primeira man en que consiste a actividade, que vexan que logo se poden dedicar de forma deportiva ou profesional a esta disciplina, veremos todo o material que empregan e como se utiliza.

O metemos agora, despoís de facer o Programa RCP na aula, porque así relacionamos un co outro.

A segunda sesión desta actividade a faremos na piscina de Campolongo a principios do mes de maio e logo, en xuño, faremos a terceira sesión na praia contando con todos os rapaces e rapazas de 6º de primaria dos colexios que nos apuntamos a este actividade.

Xa publicarei as fotos correspondentes...















                                                                                

domingo, 16 de abril de 2023

Piragüismo-Dragóns

Ola, este próximo mércores día 19 de abril o noso alumnado de 6º de educación primaria vai participar na actividade de piragüismo-dragóns pertencente o Programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Como os anos anteriores, seguro que disfrutaremos moito da xornada posto que é unha actividade xenial onde para que o "barco" vaia, temos que traballar en equipo. 

Xa vos mostrarei o resultado...

Xa falei cos rapaces e rapazas, pero vos deixo aquí o necesario para poder facer a actividade:

Teñen que saber nadar (firmastes un certificado que así o reflicte)

Pantalón curto ou mallas

Camiseta do colexio

Calcetíns e chanzas das de atar ou escarpíns

Chuvasqueiro

Toalla e roupa para cambiarse en caso de que nos mollemos (de seguro que o faremos)
















viernes, 14 de abril de 2023

Máis fotos vosas

Aquí vos deixo as fotos que me chegaron esta semana. Espero que me sigades mandando máis fotos vosas practicando eses deportes que vos gustan.

Mandade a educacionfisica@cprsanjose.es














Noraboa, temos entre nós a uns campións que quedaron no 1º posto na Xornada Sur da Liga de Deporte Base de Pontevedra na modalidade de Loita. Felicitacións para Antón, Tomás e Adrián (e tamén para algún compañeiro máis que estaba nese equipo pero que non me chegou ningunha foto del/deles).

                                                 

E aquí está Laura participando no Campionato Galego de Xadrez. Noraboa tamén para ela!!!

                           

                                                           


miércoles, 12 de abril de 2023

Resultados da xornada Atletismo en Pista

Ola, ola, como imos?

Acábame de chegar o resultado da nosa participación na xornada de Atletismo en Pista que fixemos coa nosa clase de 5º de educación primaria o xoves, 30 de marzo.

Quero felicitar aos nosos/as deportistas. Fixérono xenial e de seguro que o pasaron mellor todavía. O obxectivo principal da xornada era convivir con outros rapaces e rapazas doutros colexios de Pontevedra e arredores, pasalo moi ben e facer un pouco máis de deporte. Creo que o censeguimos!!!

Resultados

Máis adiante, intentaremos que esta mesma clase faga unha xornada no CGTD para vivenciar de primeira man as diferentes modalidades deste fantástico deporte do ATLETISMO.